Volver

29/11/2010 - 30/11/2010

Curso de xénero con pertinencia cultural na eduación para o desenvolvemento

Simbolo Maia

Lugar: Santiago de Compotela

O Consorcio formado polas Ong's: Acsur-Las Segovias Galiza, Arquitectos Sen Fronteiras, Farmamundi Galicia, Educación Sen Fronteiras e Solidaridade Internacional organiza o vindeiro días 29 y 30 de novembro o Curso  "xénero con pertinencia cultural  na eduación para o desenvolvemento".

Dirixido a: 25 persoas, procedentes  de movementos sociais, entidades educativas, administracións e demais organizacións que traballen na educación ao desenvolvemento.

Obxectivos e perfil dos participantes:

Inclusión da perspectiva de xénero e a pertinencia cultural no ciclo de proxectos e programas de desenvolvemento. O curso terá un carácter práctico e nel abordaranse cómo incluír a perspectiva de xénero tendo en conta a cultura da poboación indigena maia. Convidarase a unha actora internacional experta na materia, elaborarase un calendario-decálogo cos inputs da formación que conterá as boas prácticas para a construcción duncha sociedade intercultural.

Contido:

Comprensión e  identificación das causas e consecuencias das relacións e prácticas de poder baseadas na discriminación, marxinación, exclusión e racismo interiorizado exercidos nos planos íntimo, privado e público.

Que papel xoga a deconstrucción do racismo interiorizado e social das persoas que planifican, executan e avalían proxectos e programas de desenvolvemento coas organizacións de mulleres, pobos indíxenas e persoas  de outras identidades

Criterios de análise para comprender as particularidades das mulleres e os pobos indíxenas que  permitan propor novas formas de relación co mundo e polo tanto cos  procesos.

Aplicación  en todo o ciclo dos proxectos e programas  de mulleres e pobos indíxenas, indicadores que identifiquen niveis de inclusión, avance ou retroceso, das apostas teóricas, metodolóxicas e organizativas.

Lugar e data:

O curso terá lugar en Santiago de Compostela, na sala de Xuntas do edificio da Políticas da Universidade, na  Travesia Choupana, S/N. O horario será de 10 a 14h e de 16 a 20 horas.

O prazo de inscrición remato o vindeiro 23 de novembro.  O número de prazas máximas é 25 e se adxudicarán por odre de inscrición. O curso no terá custe. Para inscribirse e obter máis información escribir á atención de Lara a: [email protected]