Volver

20/11/2010 - 20/11/2010

Foro de ONGD e concerto da "Habitación Roja" en Vigo para esixir o cumplimento dos ODM

Cartaz

Lugar: Vigo

O Consello  Municipal de Solidariedade e Cooperación Internacional invita a cidadanía viguesa a unha xornada de coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, co Foro de ONGD onde Educación Sen Fronteiras estará presente, e cun concerto como fin de festa.

O sábado 20 de novembro, durante todo o día, agardámoste na Praza de Compostela. Ven a coñecer as accións solidarias e de cooperación que realizan as organizacións da cidade de Vigo no Foro de ONGD. Un Grupo de Teatro e as ONGD achegarannos aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con obradoiros, accións itinerantes, performance, contacontos...

E como fin de festa un Concerto de balde no Auditorio do Concello de Vigo,do grupo "La Habitación Roja" ás 21h. Recollan as súas invitacións en:

- ConcelleríaBenestar Social (Praza do Rei; nº1; Pranta Baixa;Tlf.986810129; Horario 9h-1)h) ou na ONGD Amigos da Terra-Agareso (Policarpo Sanz, 17, 1ºD Vigo, 986125171: Horario 9h-14h)