01/12/2010 - 03/11/2010
Xornadas de Cooperación e Dereitos Humanos
Lugar: Facultade CC. Educación Campus de Elviña A CORUÑA
Educación Sin Fronteras participará nas Xornadas de Cooperación e Dereitos Humanos que se desenvolverán na Cidade da Coruña o 1,2 e 3 de Decembro na Facultade de CC de Educación na Campus de Elviña.
Programa:
Esperase contar neses días 1, 2 e 3 con diferentes membros de ONGDs e Movementos Sociais que ofrecerán a súa perspectiva sobre a situación de determinados dereitos humanos:
- Esteban Beltrán, de Amnistía Internacional, co que esperamos contar para facer a conferencia inaugural
- o director de Instituto Social de Cooperaciión al Desarrollo ISCOD, Pepe Manzanares,
- Paco Vallverdú, coordinador da Delegación de Educación Sen Fronteiras,
- Aitor Zabalgogeazkcoa (por confirmar) o director de Médicos Sen Fronteiras,
- o director de prensa de WWF, Miguel Ángel Valladares.
- directamente dende os Territorios Saharauis virá tamén o activista e membro do Grupo Jaima Amigos de la RASD o cordobés Damián López .
- e tamén contaremos con Alfredo Macías, doutor e investigador da Universiade Complutense de Madrid e director do Centro de Estudios para el Desarrolo Endógeno y comunitario (CEDEC).
E tamén se contará cun especial obradoiro, por 1ª vez en Galicia, dun equipo de ATTAC, composto por:
- Jose A. García Saez, del Institut de Drets Humans Universitat de Valencia
- e por Gregorio López Sanz, profesor titular de Política Económica da Univesidade de Castela- La Mancha,
os cales, partido do artigo 28 da Decaración Universal de DDHH. Desenvolverán as seguintes propostas:
- Qué é ATTAC?
- Taxa Tobine no imposto ás Transaccións Financieiras (ITF)
- Abolición dos paraísos fiscais
- Crise económico-financierae déficits públicos
- Por unha banca pública: a nacionalización das Caixas de Aforro
Inscrición:
Carga Lectiva: 18 horas
Prezo: 15 Euros
Contacto: Oficina de Cooperación e Voluntariado Facultade de Socioloxía , andar 1º , modulo 2º. Campus de Elviña
Mail: [email protected]
Teléfono: 981 167 000 Ext 1740