Volver

01/12/2010 - 03/11/2010

Xornadas de Cooperación e Dereitos Humanos

Cartaz curso

Lugar: Facultade CC. Educación Campus de Elviña A CORUÑA

Educación Sin Fronteras participará nas  Xornadas de Cooperación e Dereitos Humanos que se desenvolverán na Cidade da Coruña o 1,2 e 3 de Decembro na Facultade de CC de Educación na Campus de Elviña.

Programa:

Esperase contar neses días 1, 2 e 3 con diferentes membros de ONGDs e Movementos Sociais que ofrecerán a súa perspectiva sobre a situación de determinados dereitos humanos:

  • Esteban Beltrán, de Amnistía Internacional, co que esperamos contar para facer a conferencia inaugural
  • o director de Instituto Social de Cooperaciión al Desarrollo ISCOD, Pepe Manzanares,
  • Paco Vallverdú, coordinador da Delegación de Educación Sen Fronteiras,
  • Aitor Zabalgogeazkcoa (por confirmar) o director de Médicos Sen Fronteiras,
  • o director de prensa de WWF, Miguel Ángel Valladares.
  • directamente dende os Territorios Saharauis virá tamén o activista e membro do Grupo Jaima Amigos de la RASD o cordobés Damián López .
  • e tamén contaremos con Alfredo Macías, doutor e investigador da Universiade Complutense de Madrid e director do Centro de Estudios para el Desarrolo Endógeno y comunitario (CEDEC).


E tamén se contará cun especial obradoiro, por 1ª vez en Galicia, dun equipo de ATTAC, composto por:

  • Jose A. García Saez, del Institut de Drets Humans Universitat de Valencia
  • e por Gregorio López Sanz, profesor titular de Política Económica da Univesidade de Castela- La Mancha,

os cales, partido do artigo 28 da Decaración Universal de DDHH. Desenvolverán as seguintes propostas:

  • Qué é ATTAC?
  • Taxa Tobine no imposto ás Transaccións Financieiras (ITF)
  • Abolición dos paraísos fiscais
  • Crise económico-financierae déficits públicos
  • Por unha banca pública: a nacionalización das Caixas de Aforro

 

Inscrición:

 

Carga Lectiva: 18 horas

Prezo: 15 Euros

Contacto: Oficina de Cooperación e Voluntariado Facultade de Socioloxía , andar 1º , modulo 2º. Campus de Elviña

Mail: [email protected]

Teléfono: 981 167 000 Ext 1740