Volver

30/01/2010 - 04/02/2010

Membros da nosa organización socia Tarpurisunchis peruana visitan Galicia

Logo Tarpurinsunchis

Lugar: Galicia

A visita enmarcase dentro dunha viaxe máis ampla que os levará tamén a Cataluña e ao País Vasco para facer un completo estudo sobre o sistema plurilingüe de España.

A Asociación para a Promoción da Educación e o Desenvolvemento de Apurímac Tarpurisunchis, é unha asociación civil non lucrativa, formada no ano 2003 por un grupo de mulleres e homes que procuran unha mellora na calidade da educación e con elo un maior desenvolvemento social no Departamento de Apurínac en Perú.

Unha das liñas de traballo que segue esta organización social á día de hoxe é a de recuperar a súa lingua, o Quechua. A perda constante da lingua e da identidade cultural ten un efecto nocivo na autoestima colectiva. Con esta perspectiva, estase traballando nunha proposta para implantar de forma progresiva un enfoque intercultural e do uso do Quechua en todo o sistema educativo rexional, de xeito que o Quechua non sexa unha razón de discriminación, ou de vergoña.

A axenda dos nosos amigos peruanos estes días en Galicia vai a estar chea de reunións e charlas. Falarán con membros dos departamentos de normalización lingüística de diversos centros educativos e entrevistaranse cos representantes das institucións de política lingüística do noso país, co fin de reflexionar sobre a importancia da lengua como ferramenta articuladora dunha sociedade moderna.