Volver

05/06/2010 - 05/06/2010

Educación Sen Fronteiras participará este sábado no Mercadillo Solidario de Cangas

Cartaz do Mercadillo

Lugar: Alameda Vella de CANGAS

Esta actividade é promovida polo Concello de Cangas dentro  das Xornadas Interculturais que levan celebrándose en todos los centros educativos da vila durante os meses de abril e maio e que teñen como obxectivo acercar ás ONG,s e ás realidades dos países do sur a toda a sociedade canguesa.

Será este sábado 5 de Xuño  a partir das 18:00 na Alameda Vella de Cangas. Neste mercadillo estarán presentes varias ONGs: Intermon Oxfan, Solidaridad Internacional, Ayuda en Acción, Asamblea de Cooperación por la Paz, Amarante, ShangaIndia, e o IES María Soliño da propia vila de Cangas.

A idea de esta actividade e que as ONG,s poidan ensinar o seu traballo a cidadanía canguesa. Educación sen Fronteiras montará o seu stand mostrando o traballo realizado tanto nos proxectos dos países do Sur como o traballo de Educación para o Desenvolvemento que leva a cabo en todo o Estado.

Ademáis no noso stand poderanse facer duas actividades moi especiais:

 

  • Por un lado poderase asinar na pizarra de 1 GOL POLA EDUCACIÓN. Esta pizarra xa foi asinada por multitude de persoas: estrelas do deporte (Valerón, Trashorras, Iván Infestas,....), representantes políticos ( Alberto Nuñez Feijoo, Santiago Domínguez,...), e sobre todo por centos de nenos e nenas galegas que deixaron moi claro o seu compromiso coa Educación Universal de Calidade gratuita para todas e todos os nenos e nenas do mundo.
  • Por outra banda teremos unha actividade para os máis cativos relacionada co libro de relatos " Los colores olvidados". Los colores olvidados y otros relatos ilustrados é unha viaxe a outros mundos, a outros tempos, onde fantasía e realidade se mesturan para mostrar unha nova actitude, un novo xeito de entender o mundo a nós mesmos.

Vémonos o sábado por Cangas no que sen dúbida será un hermoso serán.